Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral Forestal

Presentación do Plan Integral Forestal

  O 5 de febreiro, presentouse no salón de actos do concello de Viveiro o Plan Integral...

O eixe do aproveitamento forestal sostible do Plan Integral está dispoñible para tódolos mozos desempregados, emprendedores, agricultores, estudantes, etc. da provincia de Lugo (agás os censados no concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos), interesados en aproveitar unha oportunidade de futuro.

 

Se estás interesado no aproveitamento forestal sostible, en crear a túa propia empresa... etc. tes que proveitar este plan totalmente gratuíto.

 

Toda a provincia de Lugo, e en especial a zona norte, é especialmente apta para o aproveitameto forestal de xeito sostible.

O monte lucense precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos como ecolóxicos e sociais. É importante acadar un adecuado nivel de formación no sector forestal, especialmente en canto a sostenibilidade da xestión e a posibilidade de aproveitar o monte dende un punto de vista multifuncional, estudando as potencialidades e os distintos produtos e beneficios que se obterán.


Para acadar unha xestión forestal sostible débese fomentar os documentos de planificación da xestión forestal e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.


Para garantir un adecuado aproveitamento dos recursos forestais débese estudar a necesidade de diversificación dos produtos e servizos que se poden obter do monte, a fin de acadar unha mellora das producións en xeral e a posibilidade de obter máis rendas baseándose na calidade e na ordenación das producións.


Hai un amplo marxe para traballar no sector forestal na mellora da xestión, na ordenación forestal, no sector dos servizos forestais, e no sector dos aproveitamentos forestais.

 

Existen actividades emerxentes dentro do sector forestal galego, como a biomasa para aproveitamento enerxético, a produción de produtos non madeirables como cogumelos e castañas, ou as necesidades de asesoramento técnico para obter a certificación forestal.

 

O sector forestal en Galicia e na provincia de Lugo, se poden considerar como emerxentes, e con posibilidades de aumentar o seu valor, a súa contribución a economía, e a xeración do emprego no rural.

 

 

Son obxectivos básicos:

 

  • Acadar e difundir coñecementos e tecnoloxías adecuadas para a implantación de niveis crecentes de xestión produtiva, multifuncional e sostible dos bosques.
  • Optimización do aproveitamento dos distintos recursos e servizos que proporcionan os montes.
  • A regulación e ordenación dos aproveitamentos forestais.
  • A conservación e fomento dos recursos forestais e dos valores ambientais e sociais dos montes.
  • O fomento, mellora e diversificación da produción forestal.

 

 

Participa!!!

 

Tes á túa disposición unha serie de actividades nas que poderás participar e informarte para emprender a viaxe e crecer no sector forestal.

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Servicios Técnicos Gaia, S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a serviciostecnicosgaia@gmail.com

deplugo europ Lugo2