Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral Forestal

Presentación do Plan Integral Forestal

  O 5 de febreiro, presentouse no salón de actos do concello de Viveiro o Plan Integral...

O eixe do "sector forestal sostible" do Plan Integral está dispoñible para tódolos mozos, desempregados, emprendedores, agricultores, estudantes, etc. da provincia de Lugo (agás os censados no concello de Lugo), interesados en aproveitar unha oportunidade de futuro.

 

Se estás interesado en formarte no sector forestal, en crear a túa propia empresa, en diversificar a túa produción actual, etc. tes que aproveitar esta oportunidade:

  • Informarémoste das posibilidades que che ofrece Lugo, especialmente a túa zona ou bisbarra, mediante a celebración de xornadas e talleres.
  • Poderás coñecer de primeira man outras iniciativas de éxito sobre aproveitamentos forestais sostibles.
  • Poderás formarte con cursos de iniciación e perfeccionamento no sector forestal de 250 h. de duración (na modalidade que máis se adapte a ti: presencial, a distancia e online).
  • Asesorarémoste na creación e/ou diversificación da túa empresa: trámites administrativos, asesoramento xurídico e laboral, plans de negocio, viabilidade da empresa, etc.

 

[É requisito indispensable para a participación nas actividades do Plan Integral forestal, que o destinatario participe en cada unha das fases do plan: sensibilización, formación e asesoramento ou saída ao mercado].

 

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Servicios Técnicos Gaia, S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a serviciostecnicosgaia@gmail.com

deplugo europ Lugo2