Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral Forestal

Presentación do Plan Integral Forestal

  O 5 de febreiro, presentouse no salón de actos do concello de Viveiro o Plan Integral...

A realización destes cursos de formación afecta de forma positiva a nivel persoal, profesional e social.


No ámbito persoal, a formación permitiranos desenvolver novos talentos e habilidades, fomentar a participación social e desenvolvernos como persoas. No ámbito laboral, mellorará a posibilidade de emprego ao adquirir coñecementos tanto teóricos como prácticos en materias relacionadas co sector forestal e medioambiental. Para rematar socialmente, é a clave para fomentar a cohesión social, a participación e asegurar o desenvolvemento sostible.

Estes cursos están dirixidos a:

 

  • Pequenos propietarios forestais.
  • Comunidades de montes veciñais.
  • Estudantes de carreiras técnicas forestais ou medioambientais.
  • Interesados na formación para o desenvolvemento de actividades no sector forestal e medioambiental.



Os cursos impartiranse nas seguintes modalidades, e serás ti quen escolla a que mellor se adapte ás túas necesidades:

 

  • Presencial: O horario lectivo prodúcese totalmente nas aulas de formación.
  • A distancia: O 90% do proceso formativo realízase en casa (mediante material didáctico entregado) e o 10 % restante realízase de forma presencial.
  • On-line: Curso a distancia, coa particularidade de que o material didáctico atópase dispoñible en Internet. Do mesmo xeito que na modalidade anterior o 10% realízase de forma presencial.

 

Niveis de formación:

 

  • Nivel principiante: 250 horas.
  • Nivel avanzado: 350 horas.

 

Cursos dispoñibles:

 

Xestión forestal sostible.

 

Neste curso aprenderás os factores e procesos que determinan a planificación e xestión forestal sostible dos nosos montes. Así mesmo, darase resposta ás cuestións relacionadas cos beneficios que aporta a certificación forestal.

 

Estas cuestións conceptuais aplicaranse a casos prácticos de planificación, xestión e certificación forestal, nos terreos forestais dos alumnos participantes.

 

 

 Descarga aqui o programa

 

 Inventario e avaliación de recursos forestais e do medio natural.
 

O obxectivo deste curso é a formación ambiental do alumno mediante o desenvolvemento de pautas a seguir na realización de inventarios de recursos forestais e do medio natural en campo.


Así mesmo, daranse a coñecerán formas de avaliación e interpretación dos datos obtidos en campo para obter estatísticas, crear mapas temáticos, contrastar datos con outras fontes de información e elaborar informes que axuden á xestión e manexo dos diferentes recursos.

 

 Descarga aqui o programa

 

 
Aplicación práctica da selvicultura para a mellora da xestión forestal.

 

Este curso servirá para instruírte no manexo e funcionamento das ferramentas manuais empregadas nos distintos tipos de traballos forestais, asegurando un correcto uso, conservación e funcionamento.


Así mesmo formarate sobre as normas de seguridade, hixiene e ergonomía no traballo que permitan o bo desenvolvemento das distintas actividades.

 

 Descarga aqui o programa

 

 
Certificación forestal.
 

O obxectivo deste curso é formar os alumnos nos beneficios que achega a xestión forestal sostible dende todas as súas perspectivas: económica, ambiental e social.


Ao longo do curso mostraranse os factores que determinan a xestión, así como os distintos tipos e procesos de certificación forestal.

 

Descarga aqui o programa

 

 
Caracterización e restauración de ecosistemas.

 

O obxectivo deste curso é capacitar o alumno para identificar aspectos relevantes da estrutura e funcionamento dos ecosistemas máis representativos da provincia de Lugo, coñecendo os impactos provocados por diversas formas de alteración.


Por outro lado, formarase no coñecemento das prácticas máis importantes na restauración de ecosistemas en diferentes escenarios ecolóxicos e de disturbio.

 

Descarga aqui o programa

 

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Servicios Técnicos Gaia, S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a serviciostecnicosgaia@gmail.com

deplugo europ Lugo2