DSC 0460

 

O 5 de febreiro, presentouse no salón de actos do concello de Viveiro o Plan Integral Forestal do programa Lugo2 Provincial, a cargo do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, participando tamén o alcalde de Viveiro, Melchor Roel.

 

DSC 0454

 

No acto, ao que acudiron máis de 30 persoas de diferentes sectores, interviron expertos do sector forestal que explicaron a situación actual do sector forestal na provincia de Lugo, os retos e oportunidades do sector así coma as iniciativas empresariais posibles.


A actividade serviu para espertar o interese dos asistentes xa que foron moitos os que se interesaron nos diferentes cursos de formación no eido forestal sostible que se celebrarán a partir do mes de marzo, e cuxa inscrición se abrirá o 25 de febreiro a través da páxina web www.planintegralforestal.info.

 

 

 

Noticias relacionadas:

 

http://blog.deputacionlugo.org/es/2013/02/05/3-oportunidades-diferentes-para-formarte-en-verde/


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/02/06/diputacion-expone-castro-ribeiras-lea-proyecto-agropecuario-sostible/00031360154351230621423.htm